Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta e o goberno de Cee bótanse as culpas polo mal estado do Centro de Saúde

A Xunta e o goberno de Cee bótanse as culpas polo mal estado do Centro de Saúde
Centro de Saude de Cee-Foto-Marcos Rodriguez Entrada do Centro de Saúde de Cee-Foto-Marcos Rodriguez

Despois de varios anos no goberno, pide agora o PP solucións para o crítico estado do Centro de Saúde de Cee. O caso é que “mentres non se produza a transferencia deste centro, as obras correspóndenlle ao Concello, que ten a obriga de entregalo en boas condicións”, sinalou o deputado Ambrosio Oróns o pasado venres no Parlamento, por iso pide que o Sergas colabore co concello cos seus técnicos, asinando un acordo de colaboración que permitan identificar e, no que proceda, corrixir as posibles deficiencias existentes no centro de saúde desta localidade.

En todo caso, Oróns bota as culpas ao grupo de goberno local pois “a día de hoxe, o centro de saúde de Cee é de propiedade municipal e a Xunta non ten coñecemento da presentación da documentación necesaria para formalizar a transferencia da súa titularidade á Consellería de Sanidade”. Unha documentación que tampouco foi enviada plo goberno da popular Zaira Rodríguez cando estivo na alcaldía, a pesar de que o Centro xa estaba tremendamente deteriorado.

O centro de saúde de Cee conta cun cadro de persoal integrado por 5 médicos de familia, un pediatra, unha matrona, catro enfermeiras, un auxiliar de enfermería, catro administrativos, un farmacéutico, un odontólogo, unha hixienista dental e un fisioterapeuta. Este persoal atende un total de 8.177 tarxetas sanitarias, cunha ratio de paciente por facultativo por baixo das 1.500 tarxetas. Iso si, segue facendo un pediatra.

Coidado para os maiores

Soltaba a lebre o voceiro local de Ciudadanos a semana pasada, e agora máis grupos da oposición recordan a necesidade dos centros para maiores. Desta volta é Unión Cidadá o que pide a posta en funcionamento do Centro de Día de Corcubión (2 anos despois de rematar as obras) e que se destinen tamén outra partida orzamentaria para empezar a construción dun novo centro de día en Cee.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios