Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Abre a matriculación para que as persoas adultas saquen a ESO

IES Fernando Blanco
Abre a matriculación para que as persoas adultas saquen a ESO

Este venres 1 de setembro, abre o prazo (ata o 8) da matrícula no IES Fernando Blanco en Ensinanzas para Persoas Adultas para o vindeiro curso 2023-2024.

Na Educación para as Persoas Adultas pódense diferenciar diferentes ensinanzas:

  • a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
  • b) EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS/AS (ESA) Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria e poidan acudir en horario de tarde-noite.

Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Ademais Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen.

O IES ceense tamén ofrece:

  •  
  • c) CASTELÁN E GALEGO PARA PERSOAS MIGRANTES, Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o curso 2023-2024.

     

    Toda a info en Teléfono 881880467 e en [email protected].

Comentarios