Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Acerta Formación acolle varios cursos para desempregados

Acerta Formacion
Acerta Formación acolle varios cursos para desempregados
Vén de emitir a Xunta a resolución da concesión de cursos formativos, e a academia ceense Acerta Formación prepara xa a organización e iimpartición de tres cursos de formación na convocatoria AFD 2021/2022.

O primeiro dos cursos que se impartirán, a partir do 13 de outubro, será o de COMPETENCIA EN LINGUA GALEGA NIVEL 2 (FCOVXX01), que permite acceder a outros cursos ás persoas que teñan a ESO pero non galego.

Tamén se desenvolverán dous certificados de profesionalidade:

  • CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS (ADGD0210) Un certificado de profesionalidade de NIVEL 3, da familia de Administración e Xestión, que se impartirá a partir do 2 de novembro.
  • ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO (SSCS0108) Un certificado de profesionalidade de NIVEL 2, da familia de Servizos Socioculturais e á comunidade, que comezará en decembro.

As persoas interesadas en participar nalgún destes cursos poden inscribirse por calquera das seguintes vías:

 

Comentarios