O acto de entrega das Becas-Premio Fernando Blanco desenvolveuse pola rede
Singular o acto de entrega da IX edición das Becas-Premio Fernando Blanco do pasado curso 2019-2020. Fundación e IES aprazaron no seu día o acto intentando ver se podía chegar a facer presencialmente, pero dadas as circunstancias decidiron desenvolvelo cunha sesión telemática.
Unha cita para entregar as becas (valoradas en 500 €, dos que 220 € son en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores) para os 5 alumn@s que sacaron notas entre o 9,75 e o 10: Laura Cernadas Gómez (3º ESO), Ari Moure Martínez (1º Bacharelato), Darío Domínguez De la Fuente (1º Ciclo Básico de Electricidade), Nerea Santamaría Fariña (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa) e Carlos Fdez. Castillejo (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas).
No acto participaron Antonio Hernández Taboada, Secretario do IES Fernando Blanco, Chelo Trillo Lago, Directora do IES Fernando Blanco e Presidenta da Fundación, Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, o alumnado premiado, o Presidenta da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso, e o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, que foi o encargado de pechala cerimonia.
Ademais dos mencionados, asistiron o Secretario Xeral de Educación José Luís Mira Lema, a Inspectora de Educación Magdalena Duarte Blanco, a Alcaldesa e representantes das distintas formacións política do Concello de Cee, os representantes dos establecementos patrocinadores, equipo directivo e profesorado do Instituto, así como tamén familiares dos alumnos/as premiados/as.
Estas Becas- Premio están organizadas conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco de Cee, contan coa colaboración de varias firmas comerciais (XEAL, Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L.- Mapfre, Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).