AGE pide un estudio sobre a fábrica de tubos xigantes

Alternativa Galega de Esquerda vén de posicionarse sobre un dos proxectos que máis polémica está a levantar na zona. O grupo parlamentar lamenta a irresponsabilidade do director de Portos de Galicia ao apoiar a fábrica de tubos en Cee sen ter feito antes un estudio do impacto que vai ter sobre o emprego dos mariscadores, no sector do comercio e hostalaría o da zona, así como o impacto medioambiental.

Foi o deputado de AGE, Antón Fajardo, o que denunciou que "a instalación desta fábrica pode levar consigo a destrución de máis postos de traballo dos que vai crear xa que o negativo impacto medio ambiental e paisaxístico nesta zona fará diminuír o número de turistas o que repercutirá de xeito directo no comercio e hostalaría. A isto hai que sumar as consecuencias que terá na propia ría e no marisqueo (que xa manifestaron o seu rexeitamento á planta) polo que o deputado considerou imprescindible contar cun estudio previo antes de lanzarse á dar unha valoración positiva desde Portos de Galicia".

Así, Alternativa Galega de Esquerda insta ao director de Portos de Galicia a "traballar por atraer tráficos con valor engadido e non ofertar o noso país a todas aquelas empresas que non queren noutros países polos impactos negativos que teñen nas zonas onde se instalan".

Novas relacionadas

Fonte

  • AGE.