Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos

Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos
Os mariscadores oponense a localizacion da fabrica de Tubos

Segue sendo a fábrica de tubos foco de polémica na comarca. Hoxe son os mariscadores pertencentes á Agrupación de mergulladores de navalla e longueirón da Zona V, que veñen desenvolvendo parte da súa actividade profesional na ría de Corcubión, os que queren manifestar o seu rexeitamento á localización prevista para a instalación dunha fábrica de tubos nunha parcela pertencente a autoridade portuaria inmediata aos antigos asteleiros de Sicar no Concello de Cee. De feito, aportan un interesante informe

Dende a Agrupación queren "deixar ben claro que dita oposición non é fronte a fábrica de tubos, se non ante a elección dun emprazamento que fai inviable a coexistencia entre dito proxecto industrial e a explotación e viabilidade do banco marisqueiro presente na franxa mariña que será ocupada".

Afirman que tiveron unha xuntanza ca Alcaldesa de Cee e o Teniente de Alcalde, e esta semana terán contactos con membros políticos do Parlamento de Galicia. E tendo en conta que este xoves celebrarase un pleno extraordinario en dito concello, como único punto a tratar a viabilidade da Fábrica de Tubos, "gustaríanos que os medios de comunicación trascenderan toda esta problemática de fondo calado social xa que ten que ver con 49 postos de traballo de mergulladores que peligran". E valoran que se a fábrica se xustifica pola creación de postos de traballo, teríase que ter en conta a posta en perigo dos 50 postos que representa este colectivo.

Zona de marisqueo

Denuncian entre outras cousas que "a zona onde e pretende situar a fábrica de tubos escollese incluso antes de ser sometida a avaliación ambiental". Ademais, apuntan que os tubos depositaranse enriba do banco mariqueiro e os fondos deberán ser dragados para carrexar os tubos.

Aseguran que "a zona mariña que ocupará o almacenamento flotante dos tubos resultará incompatible co mantemento e aproveitamento da actividade marisqueira artesanal de extracción de navalla e longueirón e coma viveiro de ameixa babosa e berberecho".
E lembran que "nestes momentos temos autorizado un tope de 15kg diarios, e a ría produce por cada mes traballado un rendemento de case 125.000 euros". E o que é máis grave, "de estar saneada a ría, sen a chegada das augas fecais, como debe ser conforme á normativa vixente de depuración de augas, os rendementos de extracción marisqueira cuadriplicaríanse".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios