Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Comité de Empresa de Ferroatlántica apoia a factoría de tubos pola carga de traballo do porto

O Comité de Empresa de Ferroatlántica apoia a factoría de tubos pola carga de traballo do porto
Pancartas a favor da fabrica de tubos-Foto- Juan M. Trillo

Se a semana pasada viamos como CIG, BNG e Edís Nacionalistas apoiaban a construción da fábrica de tubos na SICAR, depois de que a corporación rexeitara a obra coa excepción do teniente alcalde, hoxe recibimos un comunicado do Comité de Empresa de Ferroatlántica, no que manifesta o seu rotundo apoio.
Unha factoría que xa ten planos preparados e todo, unha vez que durante o verán xa estiveron varios operarios tomando medidas para preparalos.

Segundo indican na carta, o Comité de Empresa das factorías de Cee e Dumbría e das centrais hidroeléctricas, "queren amosar o seu apoio á instalación da fábrica de tubos na zona portuaria dos antigos asteleiros da SICAR".
Aseguran que "o anuncio de Portos de situar esta industria conlevaría non só a creación de postos de traballo directos" (15 reais segundo as primeiras pesquisas) "senón a importante carga de trabalo relacionada coa actividade portuaria, coa posible posta en funcionamento dun servizo de remolcadores permanente nesta ría, que abarataría costos de operativa portuaria e polo tanto, atraería maior tráfico de mercadorías, o que repercute nunha maior creación de emprego".

Afirman que "non entenderíamos unha negativa do goberno municipal á creación desta industria porque ó igual que outras industrias como a nosa, axudan economicamente a outros sectores do Concello".

E rematan cun argumento clave: "Iniciativas deste tipo son necesarias para rentabilizar a inversión que se fixo no porto de Brens".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Comité de Empresa de Ferroatlántica

Comentarios