A factoría de Tubos xigantes estará funcionando o vindeiro verán na zona da SICAR


Finalmente a factoría de tubos xigantes de Cee xa ten ubicación, e prazos.
Alcaldesa e teniente alcalde acodiron onte a unha reunión con Portos de Galicia e con representantes da filial española da firma austríaca. E os empresarios aseguraron que a segunda ubicación que propuña o Concello, ao carón da Ferroatlántica, era inviable, tanto en prazos, como pola ubicación propia.
Así, os terreos dos antigos Asteleiros da Sicar, propiedade de Portos, son os escollidos pola empresa que amenazou con marchar da vila de non teren cedidos eses terreos.
A alcaldesa asegura que xa teñen carga para os vindeiros 5 anos, e que poden estar en funcionamento o vindeiro verán.
Afirman que serán máis de 20 os postos de traballo directos xerados, ademais dos postos de traballo indirectos.
Novas relacionadas
- 29-11-12: O Concello de Cee consensuará con Portos e a empresa a ubicación da factoría de tubos.
- O Comité de Empresa de Ferroatlántica apoia a factoría de tubos pola carga de traballo do porto.
- O goberno de Cee dá un toque á Neria.
- CIG, BNG e Edís Nacionalistas apoian a construción da fábrica de tubos na SICAR.
- A corporación municipal de Cee rexeita a construción dunha fábrica na Sicar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosa.com).