Luns. 29.04.2024
El tiempo

Piden máis información e critican a ubicación da factoría de tubos xigantes de Cee

Piden máis información e critican a ubicación da factoría de tubos xigantes de Cee
Plano de como quedaria a ria de Corcubion

Segue a factoría de tubos xigantes da Sicar recollendo posturas. E a diferencia de posicionamentos fai visible a necesidade dunha maior información pública sobre o proxecto. Se o pasado xoves o Concello de Corcubión amifestaba a súa preocupación e preguntaba polo Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión, hoxe precisamente o Colectivo reincide na necesidade de abrir a información a toda a veciñanza.

A colectivo manifesta a súa "preocupación xa que se trata dun proxecto que transforma a fachada marítima dunha das beiras da ría de Corcubión. Ao igual que sucedeu no seu día co proxecto de praia artificial, consideramos que o proxecto se está a xestar de costas á cidadanía, polo que solicitamos que se abra un proceso de información e debate. Resulta paradóxico que a meirande parte das poboacións á beira da ría descoñezan o alcance deste proxecto, do mesmo xeito que resultan alarmantes certos posicionamentos entusiastas por parte dos poderes públicos na mentres a maior parte da poboación está sendo ignorada".

E continúan apuntando que "nada se sabe con certeza sobre contaminación mariña e acústica, afectación á navegación marítima, existencia de plans de emerxencia, toxicidade das materias primas ou incidencia no trafico rodado da vila de Cee entre outros moitos extremos".

Ademais, devolve o recado ao alcalde corcubionés: "este Colectivo tivo que paliar a falta de información á que someteu o Concello de Corcubión aos seus veciños cando pretendeu crear unha praia artificial na vila, error que se está a dar de novo desta volta no pobo veciño". Ademais, aseguran que "resulta difícil poder politizar un movemento asambleario e aberto á cidadanía coma este. O alcalde debe deixar de lado o rancor. Incluso nesta polémica sobre a fábrica de tubos preferíu tomar o camiño da confrontación sen sondear se os nosos puntos de vistas eran coincidentes", e pide que clarexe a súa postura sobre o proxecto, unha vez que ademais de amosar a súa preocupación tamén ofrecía, segundo a alcaldesa de Cee, a vila corcubionesa par acoller a factoría.

E por todo, solicitan que s"exan os poderes públicos, obrigados a facer chegar a información aos seus administrados, os que asuman a apertura dun período de información pública e debate sobre a procedencia da devandita instalación".

O PSOE califica de "temeraria" a decisión do Concello

E o PSOE de Cee amosa por primeira vez unha postura propia tras acometer unha profunda renovación na súa Xunta rectora. Os militantes da Agrupación Municipal Socialista de Cee "apoian a instalación da fábrica de tubos pero rexeitan a ubicación entre o peirao e a Sicar". Ademais califican de “irresponsable” e “temeraria” a actuación do executivo municipal "adoptando decisións sen ter información técnica do proxecto.

Ademais, consideran que se debería encargar un informe técnico por escrito para ver a posibilidade de emprazar a fábrica noutro sitio dentro do municipio. “De ser certa a información facilitada pola empresa austríaca a través do goberno municipal e de Portos de Galicia, a contaminación acústica xerada as 24 horas do día, ocasionaría graves prexuízos a centos de persoas, se temos en conta aos traballadores e aos usuarios do Colexio Manuela Rial Mouzo, do Hospital Virxe da Xunqueira, do Centro da Asociación Pro Enfermos Mentais, veciños, etc.”

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios