Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Concello de Corcubión protesta pola fábrica de tubos xigantes

O Concello de Corcubión protesta pola fábrica de tubos xigantes
Os asteleiros da SICAR dende Corcubion

Quere facer hoxe pública o Concello de Corcubión a súa postura sobre a factoría de tubos xigantes de Cee. I é que ben é certo que a obra implica unha ría compartida, e o impacto será común tanto para a vila da Xunqueira como para a de San Marcos.

Precisamente o Concello corcubionés quere amosar a súa "preocupación, en primerio lugar, polo posible impacto visual debido ás dimensións da nave a construír na beira do mar". Inclúe ademais unha pregunta sobre as "posibles consecuencias que sobre as actividades náutico-deportivas" e piden a Portos de Galicia que indique "as consecuencias que terá esta obra sobre o proxecto do porto deportivo na ría de Corcubión".

Pero sobre todo quere amosar o seu "malestar coa ausencia total de información por parte de dito organismo ante unha instalación que nos pode afectar medioambientelmente do mesmo xeito que ao veciño Concello de Cee. E por elo, temos solicitado por escrito unha copia do expediente deste proxecto para poder opinar con maior coñecemento de causa", aplican.

Aproveitan dende o Concello corcubionés para lanzar un recado á Plataforma en Defensa da Ría, amosando a súa "incredulidade pola falta de resposta ante este proxecto de determinada plataforma de Corcubión, que se facía chamar "...en defensa da ría", confirmando as nosas sospeitas de que máis que defender a ría, ésta era unha plataforma "política"".

Fontes da Plataforma indicáronnos que precisamente estas semanas estaban prantexando unha nova xuntanza, tras varios meses de parón, para tratar o asunto. I é que dende a negativa da praia artificial de Corcubión, o proxecto que provocou o nacemento da plataforma, baixou o ritmo das súas actividades.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios