Xoves. 28.03.2024
El tiempo

CIG, BNG e Edís Nacionalistas apoian a construción da fábrica de tubos na SICAR

CIG, BNG e Edís Nacionalistas apoian a construción da fábrica de tubos na SICAR
Os terreos dos Vellos asteleiros da SICAR en Cee son protagonistas

A semana pasada coñeciamos que o pleno da corporación se opoñía case unilateralmente á construción dunha fábrica nos antigos asteleiros da SICAR por unha empresa astríaca (concretamente unha factoría de tubos de PVC por parte da empresa Pipelife). O PP e Independientes votaban en contra argumentando criteiros medioambientais. Unha decisición que se mira con recelo dende a esquerda ceense.

Así, hoxe, os 3 edís da Asemblea Nacionalistas de Cee, o BNG e a CIG unen forzas (por primeira vez dende a excisión) para loitar pola construción da factoría. E imos repasando argumentos.

"O Cee do futuro", segundo os edís nacionalistas

A Asemblea Nacionalista de Cee, asegura que "esgotará todas as vías posibles para que a fábrica de tubos de gran tamaño se asente en Cee". Afirman que se fai falta "proporán un referéndum popular para que a cidadanía de Cee decida sobre un tema que é crucial para o futuro do concello".

Indican que "percibiron un gran respaldo social desde que no pleno celebrado o pasado mércores 7 de novembro foron os únicos que defenderon o uso produtivo dos terreos que até hai uns anos ocupou a SICAR".

E ten tempo para criticar ao resto da corporación. "É moi difícil de entender que quen no seu día propuxo a instalación dunha celulosa de ENCE na ría, agora se opoña a que se asente en Cee unha industria non contaminante. Non é tempo de pelotazos urbanísticos nin de infraestruturas públicas sobredimensionadas, tipo minicoliseos, senón de actividades que cren emprego e riqueza".

"Apoiamos a instalación da factoría", segundo BNG

Son varios os motivos que indican dende o BNg para apoiar a construción:

  • "A creación de novos postos de traballo. Aos directos de nova creación poden chegar aos 50, segundo informacións, hai que sumar todos os indirectos e de empresas auxiliares (persoal de remolcadores, transporte de mercadorías, loxística, etc,...) Todo isto contribúe a fomentar o uso e posta en valor das infraestruturas existentes e futuras, como o tráfico de mercadorías con orixe ou destino no peirao de Brens, ou a a demanda de transporte por estrada".
  • Ten críticas ao resto de grupos: "PP, PSOE e IxCee esgrimiron motivos diversos para o rexeitamento do proxecto: desde as inquedanzas medioambientais, ata a suposta privación ós ceenses das infraestruturas que se poderían construir nese espazo. Citáronse colectivos como o marisqueiro, o cal está en proceso de desaparición desde que a ría foi catalogada como zona “C” de contaminación fecal, algo que si poideron os anteriores e poden os presentes gobernantes porlle remedio, facendo funcionar a depuradora en condicións óptimas. Ademais, compre lembrar que sendo Ramón Vigo alcalde e presidente de Neria, propuxo traer Ence para a nosa comarca, polo que se fai mais incrible a súa negativa. Sorprende tamén que a asociación de empresarios de Cee, asuma como seu o descurso do non, negando así a evidencia.
  • "O modelo de desenvolvemento baseado no pelotazo urbanístico foi un dos principais causantes da crise económica na que estamos. O feito de querer preservar os terreos da Sícar para poder favorecer un convenio urbanístico polo cal se lle deixará ós actuais propietarios urbanizaren outro solar é errado".

A CIG critica a decisión da Alcaldesa do PP de Cee de vetar a creación de postos de traballo

Pola súa bana, a CIG esgrime armuentos laborais. Amosa así o seu "total rexeitamento á decisión da Alcaldesa de Cee, a popular Zaira Rodríguez, de vetar á posible instalación dunha fábrica de tubos xigantes no porto de Brens, impedindo con esta decisión a creación de postos de traballo e a dinamización económica da zona, nun momento no que o desemprego golpea tan duramente a ducias de familias".

Aseguran que no concello de Cee, "dende que entrou a gobernar o PP, veu como se aplicaban e de maneira salvaxe as políticas de Rajoy, levando á privatización de servizos públicos coa conseguinte destrución de postos de traballo".

Dende a CIG reclaman á Alcaldesa que "poña enriba da mesa as probas e informes do dano medioambiental. Dito doutra forma, ou hai razóns de extraordinarísima e/ou gravísimas consencuencias para instalar esa empresa ou a Alcaldesa agocha intereses escuros porque consideramos que está tan tola para posicionarse contra a instalación desta empresa".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa da Asemblea Nacionalista, do BNG e da CIG.

Comentarios