Mércores. 22.01.2020
El tiempo

O alumnado do IES Agra de Raíces embárcase na Semana STEM

Alumnado do IES Agra de Raíces participante na Semana STEM
Alumnado do IES Agra de Raíces participante na Semana STEM
O alumnado do IES Agra de Raíces embárcase na Semana STEM

Esta semana, 25 alumnos da ESO do IES Agra de Raíces participarán na Semana STEM, un campamento de innovación educativa impulsado pola Xunta de Galicia dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos.

O alumnado do Agra é un dos elixidos para formar parte desta experiencia dun total de 450 alumnas e alumnos de toda Galicia. O seu obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro.

Deste xeito, as estadías proporcionan un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumente o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía. 

Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque “maker”, a creatividade e a motivación para mellorar a súas competencias STEM.

Comentarios