Venres. 20.09.2019
El tiempo

Amplian o servizo de diálese do hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Amplian o servizo de diálese do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
hospital-cee Actualmente existen catro postos de hemodiálise que atenden aso pacientes tres días á semana en dúas quendas Despois de meses de reclamacións (cunha completa campaña socialista) e centos de veciños afectados, a xerencia de Xestión Integrada da Coruña - da que depende o hospital Virxe da Xunqueira de Cee - ampliará a unidade de diálese de dito centro sanitario. Para iso, solicitaron un estudo técnico no que se detallará o espazo físico necesario para dublicar os postos de diálese a sía poder asumir toda a demanda de pacientes en diálese da bisbarra. A deputada socialista Loli Toja constatou nunha visita recente ao hospital que tan só había catro postos de hemodiálise que atenden aos pacientes tres días á semana en dúas quendas, o que supón atender a 8 persoas. Deste xeito, os días que non son atendidos, dixo a deputada, son obrigados a xornadas de 11 horas 3 días á semana simplemente por non poñer máis medios. O resto de pacientes que non son atendidos en Cee, explicou, teñen que ser trasladados ao Servizo de Nefroloxía, e algúns derivados ao Hospital San Rafael, un centro privado de A Coruña que supón un custe de 3.000 euros por paciente ao mes. Así o dixo logo dun encontro con afectados polo servizo que teñen que soportar estas condicións, ao que tamén asistiu a portavoz do PSdeG en Cee, Margot Lamela. Áreas de traballo Segundo indican dende a propia xerencia de Xestión Integrada da Coruña, "ésta é unha das principais áreas de desenvolvemento coas que se debe traballar na comarca dado o progresivo envellecemento da poboación e o aumento da esperanza de vida xunto coa potenciación dos servizos de medicina interna e hospitalización a domicilio". Nos últimos anos, leváronse a cabo distintas melloras no hospital Virxe da Xunqueira tales como un mamógrafo dixital, un novo arco cirúrxico, CARDEX Farmacia - Sistema de dispensación automatizado -, dotación para teleasistencia do ICTUS, aparataxe electromecánico por valor de 150.000 euros (desfibriladores, ecocardiogramas, monitores, eco-doppler, pulsiosímetros, carros e neveiras de medicación,...), un novo motor no quirófano de traumatoloxía, ecográfo (Rx), videogastroscopio, sala dixital (Rx xeral), renovación das máquinas de anestesia, adquisición dunha mesa de quirófano de rraumatoloxía e sustitución do TAC, entre outras.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios