Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Arrincan novos cursos formativos para profesionais do turismo

Arrincan novos cursos formativos para profesionais do turismo
Plan de Formacion do CMAT para profesionais do Turismo-Peixe

Pon o CMAT en marcha un novo Plan de Formación con varios Cursos para profesionais do turismo, para mellorar a calidade do sector hostaleiro da zona. Cursos que serán impartidos por Acerta Formación, coa colaboración da Deputación, en diferentes lugares da zona.

O primeiro curso, un Monográfico sobre a cociña do peixe, desenvolverase en Fisterra, e comezará este luns 27 de marzo, e aínda conta con prazas dispoñibles.
Ten unha duración de 18 horas, e se desenvolverá os días 27, 28 e 29 de marzo, 19, e 24 de abril e 8 de maio. As sesións prácticas serán na lonxa. E as teóricas Casa do Mar e lonxa de Fisterra.

O coordinador dos cursos será o coñecido Jorge Guitián, responsable entre outras cousas do blog gourmetymerlin.blogspot.com e un dos mestres gastronómicos máis codiciados do país.

Para inscribirse, no mail [email protected] ou no teléfono 981 10 60 60.

Máis cursos

Cómpre estar atentos pois os cursos iranse desenvolvendo por toda a bisbarra durante os meses de abril e maio. Berdeogas (Dumbría), O Couto (Ponteceso), Laracha, Carballo, Buño (Malpica), Baio (Zas), Muxía, Vimianzo, Cee, O Ézaro (Dumbría) ou A Picota (Mazaricos) acollerán diferentes cursos sobre a cociña do peixe, marisco ou carne; sobre alérxenos; sobre preparación de pratos; sobre xestión de aloxamentos; sobre boas maneiras na cociña; e mesmo sobre inglés.

Máis información

Fonte

Comentarios