Venres. 29.03.2024
El tiempo

As actividades asistidas con animais chegan aos colexios da Costa da Morte con Aloumiños e Cadelar

As actividades asistidas con animais chegan aos colexios da Costa da Morte con Aloumiños e Cadelar
cadelar-nos-colexios-co-nuba Nuba, de Cadelar, cos amigos de Aloumiños Nuba, de Cadelar, cos amigos de Aloumiños Os peques do CEIP Cabo da Area de Laxe xa coñecen a Nuba, e pronto farano os cativos doutros centros educativos da comarca. Nuba é unha fermosa labrador, que xunto coa xente de “Cadelar”, está percorrendo os colexios da Costa da Morte realizando “Intervencións Asistidas con Animais (IAA). Estes IAA baséanse na convivencia cos animais, e Nuba é unha fantástica facilitadora, unha motivadora que serve de mecanismo de apoio para que o usuario da intervención consiga, de xeito lúdico, os obxectivos da actividade. Nestes casos falamos de promover melloras na función física, social, educacional, emocional e/ou cognitiva das persoas, nun programa dirixido, desenvolto e evaluado por un profesional da saúde e da educación e levadas a cabo por un equipo humano especializado e un equipo animal entrenado en intervencións. Onte luns día 12 Nuba e os demais membros de Cadelar, estiveron no CEIP Cabo da Area de Laxe, cun resultado estupendo e que se repetirá ao longo desta semana en diferentes colexios da Costa da Morte De feito, hoxe martes día 13 estarán na escola de Baíñas, en Vimianzo. O mércores 14 e xoves 15 no Colexio Fogar de Carballo, e o venres 15 no Colexio Joaquín Rodríguez de Buño.

Cadelar

E detrás de Nuba, detrás de Cadelar, atópanse dúas veterinarias moi vencelladas á Costa da Morte. Julia Piñeiro foi veterinaria en Muros, mentres que Irene García Patiño exerceu na Clínica Veterinaria Argos de Cee durante 10 anos, e foi a gran pioneira da iniciativa solidaria Salvacadelos, que ainda hoxe funciona de marabilla formando ducias de familias. Falaremos con elas os vindeiros días, pero se estades interesad@s a podedes contactar con elas a través de Aloumiños, no 655 679 170, en [email protected] ou no Facebook de "Cadelar, Intervencións Asistidas con Animais".  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios