Martes. 30.04.2024
El tiempo

As choivas volven inundar Cee

As choivas volven inundar Cee
Inundacion cee 2009 inunda-cee-out09-tuberia

Hai 15 días, as primeiras choivas do outono reabrían vellos temores na capital ceense. Esta semana o segundo batacazo meterolóxico deixaba escenas significantes no Pindo (que serán peores de seguro nos vindeiros meses. E esta mesma segunda tormenta afectou de novo o fráxil rede de desaugadoiros de Cee.

Esta repetida situación continúa amosando o pouco preparado que está o núcleo urbano para soportar ás embestidas da natureza. E iso logo de pasar case que 2 anos de obras.

Este pasado sábado 23 de outubro, a Avenida Fernando Blanco espertaba desta forma, como vemos nas imaxes de Marcos Rodríguez, que, por certo, estrena marca propia e logo. Aínda así, todo ten o seu lado positivo, e tras uns días de choiva, bos días para ir ao cogumelo.

inunda-cee-out09-cisterna

Novas relacionadas

Comentarios