Sábado. 12.10.2024
El tiempo

As cifras avalan o porto de Brens

As cifras avalan o porto de Brens
Un dos grandes buques que atracou este veran en Cee-Foto-David Trillo Gallego

Dende aquel febreiro de 2012 coa chegada do Mercante Ideal Bulker foron moitos os xigantes barcos que levan atracado no novo porto de Brens. E segundo os datos da Xunta o porto ceense está entre os 3 que máis mercadoiría moveron durante os primeiros 9 meses de 2013. Foron 298.495 toneladas (40.505 no mes de setembro) as que mobilizou o porto, só por detrás de Cariño e Ribadeo entre os peiraos de titularidade autonómica.

E a todos os veciños nos sorprende ver xigantes como este "Veronique D", que supuxo unha nova marca este verán sendo o 14º gran mercante que atraca en Cee, cos seus 197 metros e eslora e máis de 58.000 toneladas. Desta volta, descargou 15.000 toneladas de ferromanganeso para o principal beneficiado do tráfico marítimo, Ferroatlántica.

Incremento das exportacións

O informe de xestión ao peche do terceiro trimestre do ano recolle outro dato de especial relevancia, referido ás exportacións. Dos 1,54 millóns de toneladas movidas nos portos de titularidade autonómica 1,17 millóns, algo máis dun 76%, embarcáronse con destino a países estranxeiros. Con esta cifra as exportacións experimentan tamén un incremento respecto ao ano pasado, neste caso do 6,2%.
Os portos con maior número de exportacións foron Ribadeo, Cariño e Cee, con 340.558, 295.360 e 173.138 toneladas respectivamente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios