As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG
Non nos estraña nadiña, i é que vimos seguindo a inmersión na rede do poeta ceense Miro Villar dende hai tempo. Cun twitter (#twitterengalego ademais) máis que activo e recomendable pola súa constante información literaria, o seu blog As Crebas é todo un referente no eido cultural galego.
Un blog xa recollido na nosa sección da Bitácora da Semana o pasado mes de novembro.
Con apenas 11 meses dende a creación do seu espazo na rede, Miro destácase como un auténtico divulgador cultural, completando así o seu indiscutible labor como autor literario.
Non son estes os anos do Batallón Literario do que Miro fora un claro expoñente aló polos anos 90. Unha verdadeira mágoa, pois coa forza das redes sociais e da internet, o Batallón tería visto aumentada a súa influencia alén das nosas fronteiras.
Máis información
- As Crebas de Miro Villar.
- Axenda cultural da AELG: Coñécense as/os gañadoras/es dos Premios AELG 2012.
Novas relacionadas
- A bitácora da semana (CXLIV): As Crebas de Miro Villar.
- Cee e Malpica fanse padriños dun libro con Miro Villar e outros.
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).