Venres. 19.04.2024
El tiempo

As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica

As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
O Villa de Cee cos traballadores de Ferroatlantica O Villa de Cee FSF xa amosou este sábado unha pancarta de apoio aos traballadores de Ferroatlantica

Hai unhas semanas o Comité de Ferroatlántica denunciaba a “compra de vontades” por parte da empresa a entidades ás que apoia economicamente. Hoxe moitas destas entidades saen á voz pública para amosar o seu apoio aos traballadores das fábricas máis importantes da bisbarra.

Fanno nun comunicado de case todas as entidades culturais e deportivas do Concello de Cee, no que apoia aos traballadores de FerroAtlántica na súa reinvindicación para que non se permita a segregación das centrais hidroeléctricas das fábricas de ferroaleacións de Cee e Dumbría.

Jose Pais, do ACB Costa da Morte, club deportivo que recibe o apoio económico da empresa, teno claro: “É unha situación complicada na que creo que nos afecta a todos”. En todo caso, e indicando que non recibiron ningún tipo de presión, sinala que “este comunicado non ten carácter político, senón social xa que hai nenos e nenas da nosa bisbarra que vén complicado o seu futuro”.

Esta é a relación de entidades que asinan o escueto, pero conciso, documento:

  • Asociación Naturalista Micolóxica Pan de Raposo.
  • Asociación Cultural Terra de Sena.
  • S.D.C. Brens.
  • A.R.D.C. Fumes do Cal.
  • A.R.C.E. Pedras Miúdas de Lires.
  • AA.VV. Comarca de Pereiriña.
  • Asociación Cultural “Amigos da Banda de Música de Cee”.
  • Asociación Cultural da “Banda de Música de Cee”.
  • Asociación Cultural Afro-Brasileira Amigos da Igba (Capoeira)
  • Asociación Cultural e Deportiva San Cristobal de Cee.
  • Club Ciclista Cee.
  • Asociación Comarcal de Baloncesto Costa da Morte.
  • Club Cee Deportes de Contacto.
  • Asociación Deportiva Olimpia.
  • Club Patinaxe Artístico Costa da Morte.
  • Brens Racing Club.
  • Sociedade Deportiva Ameixenda.
  • Fútbol Sala Femenino Villa de Cee.
  • Club Trialtón Costa da Morte.
 

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios