As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
Hai unhas semanas o Comité de Ferroatlántica denunciaba a “compra de vontades” por parte da empresa a entidades ás que apoia economicamente. Hoxe moitas destas entidades saen á voz pública para amosar o seu apoio aos traballadores das fábricas máis importantes da bisbarra.
Fanno nun comunicado de case todas as entidades culturais e deportivas do Concello de Cee, no que apoia aos traballadores de FerroAtlántica na súa reinvindicación para que non se permita a segregación das centrais hidroeléctricas das fábricas de ferroaleacións de Cee e Dumbría.
Jose Pais, do ACB Costa da Morte, club deportivo que recibe o apoio económico da empresa, teno claro: “É unha situación complicada na que creo que nos afecta a todos”. En todo caso, e indicando que non recibiron ningún tipo de presión, sinala que “este comunicado non ten carácter político, senón social xa que hai nenos e nenas da nosa bisbarra que vén complicado o seu futuro”.
Esta é a relación de entidades que asinan o escueto, pero conciso, documento:
- Asociación Naturalista Micolóxica Pan de Raposo.
- Asociación Cultural Terra de Sena.
- S.D.C. Brens.
- A.R.D.C. Fumes do Cal.
- A.R.C.E. Pedras Miúdas de Lires.
- AA.VV. Comarca de Pereiriña.
- Asociación Cultural “Amigos da Banda de Música de Cee”.
- Asociación Cultural da “Banda de Música de Cee”.
- Asociación Cultural Afro-Brasileira Amigos da Igba (Capoeira)
- Asociación Cultural e Deportiva San Cristobal de Cee.
- Club Ciclista Cee.
- Asociación Comarcal de Baloncesto Costa da Morte.
- Club Cee Deportes de Contacto.
- Asociación Deportiva Olimpia.
- Club Patinaxe Artístico Costa da Morte.
- Brens Racing Club.
- Sociedade Deportiva Ameixenda.
- Fútbol Sala Femenino Villa de Cee.
- Club Trialtón Costa da Morte.
Artigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])