As familias de Dumbría, Muxía e Zas unen forzas para loitar por un servizo de pediatría digno
A unión fai a forza, e por fin parece que a Costa da Morte se mobiliza por un novo recorte dos servizos públicos no rural galego. As familias de Zas, Dumbría e Muxía, nomeadamente, están saíndo a rúa. Esta mesma mañá de martes 20 de novembro celebrábanse dúas concentracións case paralelas diante dos Centros de Saúde de Muxía (ás 10:30h) e Dumbría (ás 11:00h) cunha boa resposta por parte da veciñanza.
Dúas concentracións que ademais comparten sinerxias, pois houbo xente de Dumbría na concentración de Muxía e viceversa, ademais de ter sempre presente á xente da coordinadora Zas sen Recortes en Pediatría, a responsable de ter prendido a mecha.
“Coa saúde dos nenos non se xoga”, “Pediatra XAAAA!”, foron algúns dos lemas que luciron nais, pais, avós, avoas, nenos e nenas durante as concentracións.
Unha loita que ademais conta co apoio dos alcaldes dos tres concellos e do resto da comarca. Uns alcaldes que xa solicitaron unha reunión co responsable da Área Integrada da Coruña para intentar mellorar ou alomenos manter os servizos cos que contamos na comarca, unha vez que segundo foron informados hai intención de recudir o servizo sanitario a un pediatra por comarca.
Mes de decembro sen pediatra en Muxía
Algo xa se consegiu, pois segundo informaban dende o Centro Médico a varias familias, a Área Integrada da Coruña vai substutuír a baixa que sofre agora o centro muxián debido a que está cubrindo as vacacións do profesional de Cee. Vaino facer pero só do venres 26 de novembro ao 7 de decembro, e con unha puericoltora, non cunha pediatra. Xa é un paso, en todo caso, conseguido pola mobilización social, pois é algo que non estaba previsto.
”Pero que non chega, pois os muxiáns piden un profesional en pediatría, e piden un servizo continuo, xa que despois, “dende o venres 7 ata o 28 de decembro, en principio, volvemos quedar sen pediatra. Imos seguir loitando igual para que non acaben metendo un pediatra por comarca, que é o que queren”, deixan claro dende Muxía.
Seguinte paso: Valedor de pobo
As concentracións deste tipo serven tamén para que as familias se poñan dacordo nos seguintes pasos a dar, e parece que un dos probables é acodir ao Valedor do pobo.
Novas relacionadas
- De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra.
- De Muxía a Cee para ver o pediatra.
- De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra.
Máis novas
- A falta de pediatras, o insán costume do sistema sanitario galego.
- Zas sae á rúa por unha sanidade pública digna.
- Outubro 18: As familias de Zas mostran con pancartas o seu malestar polo servizo de pediatría.
- Setembro 18: Presentadas cerca de 1.000 firmas para recuperar as 35 horas semanais no servizo de pediatría en Zas.
- Setembro 18: As familias de Zas organízanse nunha Plataforma para recuperar un servizo público de pediatría digno.
- Xuño 2018: O Sergas reduce de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría en Zas.