As Fundacións Fernando Blanco e Eduardo Pondal reciben apoio da Deputación


Case trinta entidades sen fins de lucro titulares de museos ou centros de interpretacións e fundacións reciben un total de 428.546,68 € para o desenvolvemento de actividades culturais a través da área de Cultura da Deputación da Coruña. Entre elas, as entidades costeiras anunciadas no BOP son a Fundación Eduardo Pondal e a Fundación Fernando Blanco.
A cantidade concedida increméntase substancialmente con respecto ao pasado ano nesta segunda convocatoria dunha liña de axudas que na pasada edición apoiou a programación e vinte e catro museos e fundacións.
“Como as outras liñas de apoio buscan unha distribución en función de criterios obxectivos, o que supuxo un sólido cambio na xestión da área de Cultura. Por outra parte, como nas outras liñas de subvencións, búscase afortalar o apoio a entidades que están a desenvolver un importante labor cultural, camiñando tamén a súa profesionalización”, sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.
Así a Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco recibirá 3.200€ (terá que xustificar 6.400) polos actos culturais deste curso. Mentres a Fundación Eduardo Pondal recibirá 25.000,00€ (terá que xustificar 31.500) polo 35º aniversario do Festiletras.
Quedou fóra destas axudas a Fundación Gonzálo López Abente por non ter acadado o mínimo de puntos establecidos nas bases.
Fonte
- Deputación.