As primeiras chuvias salvan as Xornadas Micolóxicas de Cee e Fisterra


Xusto a tempo chegaron as primeiras chuvias do outono para permitir que as potentes Xornadas Micolóxicas de Cee sexan todo un éxito. Esta fin de semana a Casa da Cultura ceesa encherase de cogumelos e de historias dignas de ser escoitadas.
Unhas chuvias que servirán tamén para que as Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra saian de medo. O Concello de Fisterra e Pan de Raposo (organizadora das xornadas ceesas) prepáranse para os sábado 11 e domingo 12 de novembro.
O sábado haberá saída ao monte para recoller cogumelos a partir das 10:00h dende o Concello. O domingo, o Mercado Municipal cambiará as froitas polos cogumelos colleitados o día anterior, nunha fermosa exposición acompada dos traballos feitos nas escolas.
A partir das 19:00h do propio domingo, eses cogumelos acabarán na cazuela, para degustar!
Máis cultura
As xornadas completan o completísimo programa de outono dos Rapacollóns, cheo de teatro e música.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).