Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: As Xunqueiras de Cee na ría de Corcubión

O Modesto Patrimonio: As Xunqueiras de Cee na ría de Corcubión
Cantos rodados do Val de Pereirina-Cee Cantos rodados do Val de Pereiriña

Carece de sentido o título deste artículo, pero venme á memoria o recordo de cativo cando a mestra nos decía que nas rías galegas case sempre desembocaban ríos importantes, como Eo en Ribadeo, o Eume en Pontedeume, o Río Grande en Camariñas… E na Ría de Corcubión…? Pois non temos noticias deste feito salvo o caso do río Xallas, que saíu pola tanxente.

Visitando o mirador de San Pedro Mártir, que recomendo visitar polas bonitas vistas panorámicas do seu horizonte, recordei a lección da mestra. Desde o alto do mirador podemos contemplar o Val de Pereiriña e parte do curso do Río Castro, pero a altura de Codesos, o río tolea. Dá un xiro de 90º cara ao oeste para desembocar na praia de Lires. Que lle puido pasar para dar este xiro tan brusco e cambiar de rumbo?

Curso actual do rio Castro copia Curso actual do río Castro

Desde esta altura podemos pensar nas distintas fases xeológicas que puido haber nesta terra a longo de centenares de millóns de anos. Neste período de tempo, as capas xeológicas puideron sufrir alteracións, pregamentos e desmoronamentos dos laterais do val provocando unha presa que desviou o seu cauce.

Este é un suposto, creo que para afirmalo necesítaríase un estudo detallado feito por especialistas, cousa que creo que nunca se fará. Falei con algún labrador do val para comprobar a existencia dalgún vestixio, como a existencia de cantos rodados o labrar as leiras do val e si, mo confirmaron. Será o actual río da Lagarteira os restos deste primitivo cauce que desembocaba entre as xunqueiras de Cee na ría de Corcubión?

 

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios