Ata os escindidos de IxCee tumban as propostas de Ramón Vigo no pleno ceense
Foi máis intenso do normal o pleno do pasado venres en Cee. Un pleno con cuestións urbanísticas, cuestións históricas e económicas.
Un pleno que tivo no polémico ex edil socialista Modesto Rivas, agora non adscrito, como protagonista, que leu un comunicado en defensa da presunción de inocencia do alcalde trala apertura de xuízo oral da Operación Orquesta que para moitos serve de petición formal para entrar a formar parte do grupo de goberno.
Crédito anulado
Un dos puntos máis importantes era o recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 152.298 euros.. Unha proposta do grupo de goberno que foi rexeitada cos votos en contra dos grupos oposición e polos dous membros excindidos de IxCee. O informe negativo da interventora, “nuns casos, por insuficiencia de crédito no orzamento e, noutros, por facturas correspondentes a exercicios pechados”, como indica a edila socialista Margarita Lamela, foi clave para a decisión da oposición. Lamela manifestou “o seu rexeitamento á práctica habitual do Sr. Alcalde de realizar gastos sen informes ou memoria que xustifique devanditos gastos, sen coñecer o seu destino e finalidade”, e reiterou unha vez máis que “a realización dos gastos sen a debida consignación presupuestaria debe ser unha prohibición clara e tallante para todos aqueles encargados da realización de compras ou autorizados a encargar servizos”.
E expuxo exemplos de como se contabilizan certos gastos:
- 1.- Os gastos dá Xunqueira por un importe de 15.001 euros (fogos artificiais) deben abonarse ao “ente encargado das festas” por medio dunha subvención e non como gasto municipal, xa que estamos financiando gastos que non son propios senón doutro ente.
- 2.- Facturas de servizos de camareira no centro social polas baixas laborais que vulneran as regras de sustitución de persoal.
- 3.- Os gastos de seguros, limpeza de dependencias, suministros de cafetería?. exceden do contrato menor, debe procederse ao seu licitación. 4.- Deben ser obxecto de licitación a redacción de proxectos. En todos os informes di o mesmo. 5.- A factura da rede de saneamiento da obra da Rúa Rosalia de Castro (que ascende a 16988,40 euros) debe ir precedida dun informe que acredite a súa correcta ejecución e o cumprimento dos requisitos legais do seu ejecución.
Mocións do BNG
Presentaba varias mocións o BNG, das 3 saíron adiante. Non saíu adiante a que solicitaba o traslado do monilito franquista para convertirse en homenaxe aos os fusilados e os mortos por silicose da fábrica. Unha das que votou en contra, a propia Lamela, asegura que as familias non queren que os nomes dos seus finados aparezan nun monolito franquista, ademais de recordar que os traballadores fusilados xa teñen un monumento propio no Paseo Marítimo de Cee.
En todo caso, si que deixou claro que o cura, D. Antonio Castro García, merece un recoñecemento propio, polo menos similar ao recoñecemento de D. Antonio Domingo de Andrade neste Concello.
Así mesmo aprobouse a moción do BNG de colocación dunha placa, na entrada do auditorio, co nome de Baldomero Cores Trasmonte e a organización dunhas xornadas para dar a coñecer a figura do intelectual ceense. Recordaron ademais que en abril de 2016 aprobouse xa no pleno unha moción semellante, pero da que por agota non se fixo nada.
Tamén se aprobou a moción de condena á ditadura franquista e a retirada do fillo predilecto de Cee a D. Eduado Garrone de Cristóforis.
Lingua e piscina
Saíu o tema da piscina a unha pregunta de Lamela sobre o prazo de execución do Plan de viabilidade. O alcalde negouse a contestar e limitouse a dicir que seguen esperando por el. Quedou pendente dun informe a proposta da Normalizadora para a ordenanza do galego.Moción urbanística
Na mañá do mesmo venres, o vocal de Ciudadanos Plácido García Insua presentaba por rexistro unha moción para facer dúas preguntas ao alcalde en materia urbanística. Plácido considera “urxente que a Corporación comece coas xestións necesarias para clarificala situación de tódolos expedientes urbanísticos nos que está metido o noso concello os cales pola súa importancia económica non dubidamos que afectarán gravemente o noso Concello de Cee podendo chegar, incluso a paralización da súa actividade”. E díxoo recordando dous graves problemas urbanísticos: A Reclamación Patrimonial por importe de uns 500.000 euros presentada polo expediente de José Ramón Paz Lema ante o Consello Consultivo de Galicia. E o Problema co edificio de Avenida de Fisterra Nº 226, con Licencia de Primeira Ocupación 4/2.005 nula polo propio Concello e otorgada a Ramón Romero Blanco.
Ante estas perigosas situacións, esixe que o alcalde explique as solucións ao pleno.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).