Martes. 17.09.2024
El tiempo

Aumentou o tempo medio de espera para ser intervido cirúrxicamente no HVdX en 2016

Aumentou o tempo medio de espera para ser intervido cirúrxicamente no HVdX en 2016

No 2015 o hospital Virxe da Xunqueira tardou unha media de 6,4 días en atender unha consulta preferente

Interesantes as cifras que presenta o Hospital Virxe da Xunqueira deste 2016.

Área de consultas

O número de pacientes en lista de espera estructural para unha primeira consulta de enfermidade diminuíu de forma considerable, pasando dos 2.570 do ano 2015 a 1.539 neste ano 2016, unha diminución do 40%. Do mesmo xeito o tempo medio de espera pasou de 49,5 a 38,4 no 2016. A demora media en consultas preferentes de enfermidade situase en 11,4 días a 31 de decembro de 2016.

A actividade xeral na área de consultas externas mantense en cifras similares ao ano pasado, incrementándose lixeiramente o número de primeiras consultas de enfermidade, 21.838 fronte as 21.644 do ano 2015.

Área cirúrxica

A 31 de decembro deste ano 2016, o tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica en patoloxías con prioridade 1 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee situouse en 20,4 días.

O tempo medio de espera global para ser intervido cirúrxicamente aumentou, pasando dos 39,9 días do ano 2015 aos 43,3 días este ano.

Non hai pacientes que esperen máis de 120 días para ser intervidos, e practicamente todos son atendidos antes dos tres meses.

A xestión que se está a facer no Hospital Virxe da Xunqueira posibilitou un mantemento da utilización de quirófano, situándose no  56,6% neste ano 2016, fronte ao 55,4% do ano 2015.

O número de pacientes en lista de espera para ser intervido cirúrxicamente pasou de 369 en 2015 a 418 neste ano 2016.

Area de hospitalización

A cifra total de ingresos acadou os 2.815, fronte os 3.137 do ano 2015. A estadía media diminúe lixeiramente situándose en  5,1 días. Estes datos reflicten o incremento da actividade de xeito ambulatorio que se produce no hospital, o que redunda na mellor e máis adecuada asistencia aos nosos pacientes.

Área de urxencias

O número de urxencias atendidas aumentou en comparación ao pasado ano, 16.726 en 2015 fronte ás 16.16.921 en 2016. Mentres que a taxa de ingresos realizados diminuíu con relación ao ano 2015 (18,2%) e 15,6% neste ano 2016.

Vías rápidas

A 31 de decembro non había pacientes agardando para ser atendidos na vía rápida de cancro de colorrectal, sendo 5 o número de pacientes atendidos por este procedemento o longo do ano 2016. En canto á vía rápida de cancro de pulmón, o número de pacientes derivados ao CHUAC foi de 21.

Probas diagnósticas

O tempo medio de espera para a realización dunha proba de radioloxía convencional é de 6 días, de TAC é de 13 días. No ano 2016 fixéronse 688 RMN máis que no 2015. En canto á realización dunha proba mamográfica, a data 31 de decembro a demora situase en 11 días.

Fonte

  • HVdX

Comentarios