Luns. 18.11.2019
El tiempo

Baile deportivo e patín, protagonistas da fin de semana costeira

Baile deportivo e patín, protagonistas da fin de semana costeira

Fin de semana de baile e patín pola volta. Por Cee, o pavillón cambiaba este domingo a mesa electoral polo Campionato Galego de Bailes Standard 2019 - III Trofeo A&M Vila de Cee, organizado polo Club Arte e Movemento. Un evento no que participaron máis de 250 participantes de toda a península (Madrid, Alicante, Cataluña, Pais Vasco e Canarias), e que deixou na comarca 23 ouros, 10 pratas e 8 bronces. Entre eles, destacan o bronce no Campionato Galego Absoluto con Alberto e Mar, o 4º posto en youth con Vicente e Laura e o 6º posto en junior 2 con Nacho e Iria.

A pesar dos nervios, a suor non empañou a elegancia que protagonizan estes eventos do baile deportivo.

Graciela do Arte e Movemento no Campionato Galego

Club Patín en Santiago

O pasado sábado 27 de abril do 2019, nenos e nenas do Club Patín Costa da Morte desprazáronse ata Santiago a participar no Trofeo Berenguela, colaborando coa asociacion ASANOG (Asociacion de Axuda de Niñ@s Oncológicos de Galicia). As costeiras fixeron un gran papel, en especial Noa Martinez Outes, de Corcubión, que quedou en primeira posicion e loitando contra 18 participantes no seu nivel.

O Club Costa da Morte de Patinaxe en Santiago

Comentarios