Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee fai as súas propostas de saneamento, obras e seguridade xa para o POS 23

Serxio Iglesias e Daniel Perez en Estorde
O voceiro do BNG de Cee Serxio Iglesias co deputado nacionalista Daniel Pérez
O BNG de Cee fai as súas propostas de saneamento, obras e seguridade xa para o POS 23

Coa intención de que a alcaldesa negocie as obras do POS + da Deputación do 2023, o BNG vén de enviar a súa proposta para o Plan. Propostas recollidas “de demandas veciñais e repartidas por todo o territorio ceense”. Moitas delas veñen de anos anteriores, é decir, xa foron presentadas e non sairon adiante, e outras son novidades.

Seguridade nas vías

Propoñen a colocación de elementos de seguridade en:
- Rúa que sobe a catro casas situadas en Raices, ao pasar a gardería.
- Vía Lires-Toba, xusto ao pasar o transformador electrico de Lires.
- Estrada de Ameixenda, dirección saída cara Gures, antes do cemiterio.

Auga potable

Propoñen a terceira fase en Pereiriña, dando servizo as vivendas que quedaron pendentes das outras ocasións e a conexión a rede das vivendas mais altas de Gures, xa que non teñen servizo da traída veciñal pola súa ubicación.

Outras obras

- Via de acceso a “O Son”:
Afirman que A subida as casas mais altas do Son está nun estado lamentable, con ferros que danan as rodas dos vehículos e con tramos fundidos que desvían a auga cara propiedades privadas.
Propoñen pois, a renovación total do fomigonado, con cunetas e recollida de augas pluviais, e o enganche ao saneamento e a traida de auga municipal, das vivendas que carecen deste servizo.

- Saneamento e formigonado vía en Pallares:
No lugar de Pallares existen varias vivendas sen servizo de saneamento.

- Vía interior en Xallas:
É preciso a renovación total do firme na vía que vai desde a rotonda da 552 ao lado da Peugeot, até a vía que ven da Lagarteira e sobe ao campo de fútbol.

- Renovación integral da rúa Ferrol:
Desde o cruce coa comarcal até a fonte Ferrol.

Obras de Saneamento

- Separación de augas pluviais e fecais en Lires:
Dadas as continuas anegacións, propoñen a separación de augas residuais das pluvias e a posterior mellora da vía principal que baixa polo medio da aldea.

- Saneamento en Pereiriña:
O núcleo de Pereiriña carece de servizo de saneamento. Compre unha actuación integral para recollida de augas residuais e posterior tratamento nunha edar, que podería estar situada nunha masa común preto do río Grande, posible receptor das augas tratadas.

- Saneamento de Lobelos:
O sevizo de recollida de augas residuais e pluviais en Lobelos quedou obsoleo e ineficaz. Propoñen a renovación total das canalizacións de fibrocemento, asi como a posta en marcha dos pozos de bombeo para evitar os verquidos ao río.

Actuacións no polideportivo municipal

  • 1. A adecaución da pista, xa que a actual data de cando había no concello un club de hockei a patíns.
  • 2. Os vestiarios están igualmente obsoletos e é precisa unha actuación neles. O máis axeitado e demandado é a reforma total da bancada sita onde os actuais, demoándoa na súa totalidade e levantando outra mais alta na que no súa parte inferior se situarían o novos vestiarios, mais modernos e mais cómodos que os actuais.

     

    Outras

    - Humanización das vías de acceso o campo de futbol e cemiterio: ambas, tanto a de acceso desde Xallas como a de Lagarteira, atópanse en malas condicións, polo que propoñenos o seu asfaltado e ensanchamento con cadansúa senda peonil e correcta.

    iluminación.

Comentarios