sábado. 07.12.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide a reparación da pista de Lires e propón obras para o POS

Estado da pista de Lires de total abandono
O BNG de Cee pide a reparación da pista de Lires e propón obras para o POS

Así está a día de hoxe o polideportivo de Lires, unha obra feita no seu día grazas a doazón dos terreos polos antigos donos da piscifactoría e o traballo da veciñanza do lugar. Desde que se fixo, a comezos dos 80, foi propiedade dunha asociación veciñal. Fai ao redor dun ano, e logo de múltiples xestións, nas que participou de forma activa o portavoz do BNG e veciño do lugar, Serxio Domínguez Louro, foi pasado en propiedade ao concello.

Debido ao abandono absoluto, que supón ademais un perigo, o BNG vai presentar unha iniciativa no concello para que de maneira inmediata procedan a limpeza integra da instalacións, así como para que se tomen medidas de seguridade que eviten accidentes.

Estado da pista de Lires de total abandono 2

Propostas do POS: Auga

Aproveita o BNG para informar das propostas de obras para o POS+25, todas elas relacionadas co ciclo da auga e recollidas de demandas veciñais e repartidas por todo o territorio ceense.

Propoñen:

  • A conexión a rede das vivendas mais altas de Gures, xa que no verán, non dispoñen da traída veciñal pola súa ubicación.
  • A chegada a Lires da rede de abastecemento do embalse de Santa Uxía, cunha derivación a aldea de Porcar.
  • Encarar o saneamento de de Pereiriña e as súas aldeas, así como o que falta en Brens e a separación de augas residuais e fecais en Lires, para que a ría deixe de estar contaminada.
  • A renovación do polideportivo municipal deCee, coa adecuación da pista e a renovación dos vestiarios.
  • O remate da mellora da rúa Ferrol.
  • O asfaltado das vías a Ruibo.

 

Máis novas

Comentarios