mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG de Cee pide a reposición da marquesiña de Vilanova

Vilanova Cee
O BNG de Cee pide a reposición da marquesiña de Vilanova

O BNG de Cee vai rexistrar unha petición no concello para que se repoña a marquesiña de Vilanova que estaba situada ao carón da C-552. “Fai unhas semanas foi retirada por orde da alcaldía, según nos conta a veciñanza, e non foi reposta. Entendíamos que podería estar en mal estado, ao ser metálica e ter xa uns anos, pero confiabamos que sería cambiada por unha nova”, declarou Serxio Dominguez Louro, portavoz do
Bng de Cee.

A ausencia da marquesiña supón que o autobús non pare a recoller as usuarias, e estas teñen que desprazarse a Codesos, que está a varios centos de metros, e deben facelo pola beira da estrada, co perigo que iso supón. Por todo isto "imos presentar unha petición ao goberno para que, no menor tempo posible, sexa reposta a marquesiña e se volva a realidade anterior. No escrito tamen recordaremos a necesidade de colocar unha na Ameixenda, petición rexistrada fai unhas semanas".

Comentarios