Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Cee presenta as súas propostas para as obras nas parroquias do POS Único 2021

Serxio Domínguez
O BNG de Cee presenta as súas propostas para as obras nas parroquias do POS Único 2021

Son 13 os millóns que a Deputación deixa na Costada Morte a través do POS Único 2021. Deles 580.000 son para o Concello de Cee, que investirá 460.000 en obras, gasto corrente ou amortización de débeda.

O BNG aproveita o plan da Deputación para solicitar varias demandas veciñais. “Moitas delas veñen de anos anteriores, é decir, xa foron presentadas e non sairon adiante, e outras son novidades, explica Serxio Domínguez, que destaca estas últimas:

  • AMEIXENDA: Mellora de acceso ao cemiterio a pé cunha senda peonil desde o núcleo, así como a mellora dos exteriores de modo que haxa mais espazos de aparcamento. e arranxo do camino de Loureiros cara ao mirador de Gures.
  • BRENS: asfaltado da pista interior de Raso , ampliación da entrada a Aritas e Borreiros, mellora do saneamento en Fadibón.
  • CEE: urbanización da rúa Calzada e río Ferrol , mellora da rúa Pepe do Pocho, vía de acceso a “O Son” desde Toba e mellora da rúa Magdalena.
  • LIRES: beirarrúas en Lires, depuración de augas en Tedín e Ruibo e separación de augas pluviais e fecais en Lires e urbanización da vía principal.
  • PEREIRIÑA: asfaltado da vía interior Morancelle e da vía de unión entre Codesos e Vilanova.
  • TOBA: arranxo integro da estrada Toba-Estorde e da entrada a Estorde desde o cruce da subida ao monte do Son e vía Toba de abaixo-Aspadex.

Novas relacionadas

Comentarios