O BNG pide que se actúe nunha parcela abandonada e insalubre no medio de Cee
A finca está sita na comarcal 552, fronte ao taller da Seat e dando as costas aos viveiros A Granxa. A propiedade, ao parecer pertence a unha empresa-promotora e leva anos en total abandono.
“ A finca está en total abandono, con maleza espesa e de varios metros de alto nalgún punto, e con ratas enormes que no verán incluso soben polos árbores a comer a froita. É un foco de contaminación inmenso para as vivendas e edificios contíguos. Supón tamén un perigo en caso de incedio para as persoas que viven ao redor. Ademais, poden caer partes da casa en calquera momento”, declarou Serxio Dominguez.
“Nas últimas semanas, un cable de telefonía que estaba grapado ao lateral da vivienda e que daba servizo as casas da parte posteior, desprendeuse e foi arrastrado por un camión, o que supuxo que rompese o enganche doutra vivenda.”, engadíu o portavoz do Bng de Cee.
Polos motivos referidos, vimos de rexistrar un escrito solicitando que se dea aviso aos donos para que procedan a limpeza da finca e a posta en óptimas condicións de salubridade, así como a que extremen as precaucións ante posibles desprendementos.
De non atender o requerimento no prazo establecido, pedimos que se actúe en cosecuencia, limpando a finca e pedindo responsabilidades aos propietarios.