Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG pide, de novo, que se actúe nunha vivenda en total estado de abandono en Cee

IMG-1264 (1)
A finca está situada na comarcal 552, fronte ao taller da Seat e dando as costas aos viveiros A Granxa.
O BNG pide, de novo, que se actúe nunha vivenda en total estado de abandono en Cee

O grupo municipal do BNG de Cee presentou un escrito ao Concello solicitando que se poñan en contacto cos donos dunha vivenda abandonada situada na comarcal AC-552 "para que procedan a  limpeza da finca e a posta en óptimas condicións de salubridade, así como a que extremen as precaucións ante posibles desprendementos".

Así mesmo, O BNG insta ao goberno municipal que "de non atender o requerimento no prazo establecido, que se actúe en consecuencia, limpando a finca e pedindo responsabilidades aos propietarios".

“A finca está en total abandono, con maleza espesa e de varios metros de alto nalgún punto, e con ratas enormes que no verán incluso soben polos árbores a comer a froita. É un foco de contaminación inmenso para as vivendas e edificios contíguos. Supón tamén un  perigo en caso de incedio para as persoas que viven ao redor. Ademais, poden caer partes da casa en calquera momento”, di Serxio Dominguez, portavoz do grupo nacionalista de Cee.

“Nas últimas semanas, un cable de telefonía que estaba grapado ao lateral da vivienda e que daba servizo as casas da parte posteior, desprendeuse e foi arrastrado por un camión, o que supuxo que rompese o enganche doutra vivenda", engade o nacionalista.

Comentarios