Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG piden un plan municipal de recollida das augas de escorrentías

Borrasca Karim nas estradas de Pereirina-Foto-Raf QUintans
Así quedaron as estradas da Pereiriña trala Borrasca Karim -Foto-Rafa Quintáns
O BNG piden un plan municipal de recollida das augas de escorrentías

Cada vez que chove forte, Cee é outro dos puntos onde as inundacións son evidentes. Asi se comprobou co paso da última Borrasca Karim, imaxes que se repiten dende hai décadas.

Inundacions en Cee en 2006-Foto-Pablo Garcia
Cee non esquece as imaxes de 2006 - Fotos: Pablo García

Dende o BNG consideran que “Cee necesita dun plan de recollida de augas provintes dos montes naquelas zonas do concello sitas nas ladeiras dos mesmos, as mais afectadas polas escorrentías”. Piden pois un “estudo promenorizado dos problemas actuais que permita ir actuando paulatinamente e poder aminorar así as consecuencias das malas conducíóns das augas sobrantes”.

E fan fincapé en lugares como Raíces, onde na vía que da servizo as últimas vivendas, existe un problema de recollida da auga que baixa do monte polas fincas particulares; en Brens, onde hai varios puntos problemáticos, sobre todo en Raso; en Ameixenda, onde as riadas recentes supuxeron a caída do muro de contención dunha finca por onde biaxa a auga do monte; ou en Canosa, onde son varios os puntos con problemas que xa se están a converter en crónicos.

Novas relacionadas

Comentarios