Venres. 26.04.2024
El tiempo

Buserana: “Ser muller non é delicto. Tampouco no Nadal”

Buserana: “Ser muller non é delicto. Tampouco no Nadal”

A Asociación Feminista Buserana, a única entidade feminista da Costa da Morte, quere emitir un novo comunicado denunciando o eterno problema que vive a sociedade española arredor da violencia de xénero.

”SER MULLER NON É DELICTO”

Imaxe do Día contra a Violencia de Xénero que arma Buserana en Cee-Foto-Rafa Quintáns Imaxe do Día contra a Violencia de Xénero que arma Buserana en Cee-Foto-Rafa Quintáns Sempre nos venden o Nadal coma ese tempo de confraternización, de amor polos demais, de paz e bos desexos para todos e todas. Pero este Nadal en concreto vén de ser todo o contrario para mulleres que de novo foron vítimas do implacable e incesante machismo que nunca da tregua. En apenas cinco días, tres mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas. Outras, estas mesmas datas tiveron a "sorte" de manterse vivas pese ás agresións sufridas, cun repunte das violencias machistas absolutamente preocupante e indignante. Acoitelada diante das súas crianzas, apalizada e abandoada nas vías do tren coma unha mercaduría inútil, estrelada nun coche despois de facela entrar arrastrada polos pelos en plena rúa...só son as tres últimas vítimas das 54 que levamos en 2017 e a xa dous meses da sinatura dun Pacto de Estado contra as violencias machistas que ía aportar solucións e remedios contra un mal endémico da nosa sociedade que sofren a diario mulleres sen más delicto que selo. Porque nos matan por iso, polo feito de ser mulleres e como tales consideradas propiedade dos homes. Ningunha Lei de Educación contempla educar contra o machismo, porque realmente a nivel gubernamental non se considera que sexa un problema real, se acaso "casos aillados" que as feministas se empeñan en visibilizar e dar a voz de alarma. Sen a educación dende a base, todo estará perdido. Os roles do patriarcado permanecerán pervivindo nas novas xeracións e por tanto, as mulleres seguirán a sufrir desigualdade, discriminación e, o peor de todo, seguirán sendo asasinadas. Precisamos feitos concretos, implicación coas novas xeracións, proteción real e non de "forma simulada" como aconteceu coas recentes vítimas, todas con denuncias previas que non serviron para mantelas vivias e afastadas dos seus asasinos. Dende Buserana berramos, clamamos e esiximos por un pacto de verdade de toda a sociedade, pero especialmente dos gobernos que deberan lexislar contra o machismo, contra o maltrato e contra todas as violencias que leva aparelladas. Somos mulleres e iso non é ningún delicto. O único delicto é que non nos deixen vivir nin ser libres. Quérete e súmate contra o machismo!.
  • Organización Feminista Buserana.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios