xoves. 14.11.2024
El tiempo

O Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía xa ten punto de información en Santiago

O Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía xa ten punto de información en Santiago
Inauguracion da Oficina do Camino Fisterra-Muxia de Viloria en Santiago Inauguracion da Oficina do Camino Fisterra-Muxia de Viloria en Santiago

A pasada tarde presentouse en Santiago de Compostela o novo punto de información que a Asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía Solpor terá nas oficinas de Viaxes Viloria e que suporá un achegamento a todos aqueles peregrinos que decidan continuar o seu Camiño ata Fisterra e Muxía.

A oficina de Solpor

Continúa medrando Solpor, tendo cada vez máis socios, e sendo unha das asociacións de profesionais relacionadas máis importante do Camiño.

A partir de agora, a información sobre esta variante do Camiño poderá solicitarse na oficina que Viloria ten situada na rúa Carretas, 36, da Zona Vella santiaguesa, xusto enfronte da Oficina de Acollida ao Peregrino, onde van 300.000€ peregrinos recoller cada ano a súa compostelana.

Viloria entregará de balde o mapa e a credencial cos que Solpor da a coñecer o Camiño a Fisterra e Muxía. Este mapa supón un importante foco informativo para o peregrino xa que nel pode coñecer a ruta e os servicios que os membros da asociación ofrecen nesta. Albergues, hoteis, restaurantes, taxis, cafeterías, tendas... Todo está nun vistazo a disposición do camiñante. Por outra banda, a Credencial do Camiño de Fisterra e Muxía é un documento moi demandado e eloxiado polo seu diseño no que estampar os selos esixidos para que o peregrino logre a Fisterrana e a Muxiana. Pretenden imprimir unhas 100.000 credenciais, e é a única que se entrega de balde no Camiño.

No acto, estiveron presentes o responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. Así como Pepe e Manuel Oreiro, dúas xeracións de propietarios de Viaxes Viloria, e o presidente de Solpor, Jesús Picallo, xunto con outros membros da asociación.

Dúas oficinas

Deste xeito, en breve serán dúas as oficinas de información en Santiago de Compostela, dándose a circunstancia de que na Costa da Morte non hai ningunha oficial (ademais de varios puntos de axencias privadas e o Punto de Antención ao Peregrino que ten aberto en verán o Concello de Dumbría en Hospital) adicadas ao camiño.
Se a de Solpor está xa aberta, en breve (despois de Semana Santa) o fará a da Axencia fisterrá Brigantia e a Asociación Muxía Turismo Rural, unha oficina enteira dedicada á promoción do Camiño de Fisterra-Muxía situada en plena Porta do Camiño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios