Carballo e Cee manifestanse contra as reválidas de 3º e 6º de Primaria

A Federación de ANPAS Costa da Morte convoca para mañá mércores sendas concentracións en Carballo e en Cee - ambas serán ás 20 horas -en contra das reválidas de 3º e 6º de Primaria. Dende a federación sinalan que rexeitan estas avaliacións externas "porque non se basean na observación sistemática e prolongada no tempo de indicadores relevantes, senón que se reducen a observacións parciais e puntuais". Ademais indican que non están a favor da clasificación dos centros e da asignación dos medios materiais ou humanos en función dos resultados destas avaliacións. Por estes e outros motivos, dende a federación de ANPAS Costa da Morte animan ás familias a sumarse á "insubmisión á realización destas probras non enviando os alumnos e alumnas ao colexio durante as horas ou días da súa realización". Asemande invitan aos pais e nais afectados a asistir ás concentracións que terán lugar mañá en Cee e en Carballo para exisir a derogación da LOMCE.

Máis información

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Federación ANPAS Costa da Morte