Mércores. 01.04.2020
El tiempo

A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta

A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta
Cativos do Pedibus-Foto-Turismo Carballo

Continúa a problemática cos recortes da LOMCE neste convulso inicio de curso. A semana pasada a comunidade educativa alzaba a voz e preparaba varias xornadas informativas. Hoxe é a Asociación de Nais e Pais A Granxa do CEIP Bergantiños a que nos informa dos acordos tomados na Asemblea de Familias celebrada o pasado mércores. Uns acordos que mesturan mobilizacións-protesta con accións en clave positiva.

I é que por un lado, a ANPA acordou retomar o proxecto de mobilidade e autonomía infantil, promovido polo Concello de Carballo, tentando abrir novas rutas do Pedibús, esa fantástica iniciativa que permite ir aos cativos xuntos ao cole a pé. As familias recibirán en breve unha circular explicando programa e percorridos.

Pero non todo é positivo, como dicimos. Así que en relación á demanda de dotación de persoal para a atención de alumnado con necesidades específicas, acordouse iniciar as mobilizacións o vindeiro xoves 13 de novembro cunha concentración á porta do centro ás 17:00 horas.

”Seguimos insistindo na necesidade que ten o noso colexio de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, e falta de respostas por parte da Consellería, obríganos a adoptar estas medidas para que unha escola con 27 aulas dispoña, como mínimo dos/as 3 especialistas que lle corresponden”, denuncian, despois de solicitar entrevista co Xefe Territorial para, en 15 días, facerlle entrega das sinaturas que con este fin se están recollendo.

Novas relacionadas

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

comentarios