Martes. 23.04.2024
El tiempo

A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes

A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes
A ANPA A Granxa do CEI Bergantiños recollendo sinaturas en Carballo contra os recortes no ensino

Xa avisaron a semana pasada e ante os oídos xordos das administracións, a Asociación de Nais e Pais A Granxa do CEIP Bergantiños, puxo en marcha este pasado xoves a campaña de recollida de sinaturas. Unha campaña que serve para demandar á Consellería de Educación a incorporación de especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Unha campaña que chega despois de ter constancia oficial no pasado Consello Escolar que están esgotados os cauces ordinarios.

Onte, o grupo de pais e nais colocaban o punto de recollida de sinaturas no corredor central dos Xardíns Municipais. Ducias de veciños interásonse pola situación do centro e os afectados seguen buscando o apoio e colaboración de toda a poboación carballesa.

Mentres, seguen preparando o comezo da actividade do Banco de Merendas que pretende que ningún neno ou nena do centro quede sen petisco de media mañá se a situación económica ou familiar fai que non poidan traelo da casa.

A ANPA A Granxa recollendo sinaturas O mesmo alcalde Evencio Ferrero tamen asinou

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios