Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Case a metade dos alumnos de 3º faltaron á súa cita ca Reválida

Case a metade dos alumnos de 3º faltaron á súa cita ca Reválida
Cartel da Fonte da Cristina de Carballo no CEIP contra a revalida

Onde, 27 de maio, era o día da famosa “Reválida”. A “Avaliación Individualizada de 3º de Primaria” estreábase en todo o estado, a pesar das numerosas queixas recibididas. Na Costa da Morte foi a FEDANPA a que prantexou o seu rexeitamento de forma máis contundente, e a que estivo organizando charlas para informar a cada pai, e mesmo enviou unha carta ao Conselleiro.

Entenden que os exames, a esta idade, non son o camiño, e que “se a Administración quere ter información sobre a educación dos nosos fillos e fillas, o que ten que facer é preguntarlle ó profesorado e ás familias, e respectar a avaliación continua que fan os profesionais do ensino público”.

En todo caso, a proba levouse a cabo. Centos de cativos estaban chamados aos seus colexios, pero moitos pais preferiron defender os seus dereitos e non enviar aos seus nenos ao centro a facer esta proba. O seguemento foi dispar.

En algúns centros non faltou ningún rapaz á súa cita co lapis, como no CEIP Areal de Camariñas, o Eduardo Pondal de Ponteceso ou o CEIP de Baíñas. Sen embargo, noutros non acodíu ningún rapaz, como no CEIP Praia de Quenxe de Corcubión ou no CEIP Areouta de Sardiñeiro.

Noutros centros houbo disparidade. No CEIP Eugenio López (Cee), 29 rapaces, dos 52 alumnos de 3º, fixeron a reválida. No CEIP dos Muíños (Muxía), de 19 rapaces fixeron a avaliación 11. No CPI As Revoltas (Cabana) fixérona un 50% mentres que CEIP Fogar (Carballo) só un 26,4%.

Houbo casos curiosos, como o do CEIP San Vicenzo (Vimianzo) nos que só acodiron á facer o exame 5 nenos de 40, pero é que por solidariedade en 6º faltaron tamén 15 ou 20 rapaces e en 2ª tamén faltaron varios rapaces.

Novas relacionadas

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios