Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Abrazando o ensino público contra a LOMCE

Abrazando o ensino público contra a LOMCE
Alumnos do IES de Muros dandolle as costas a LOMCE

Simbólica foi a acción que levou a cabo toda a comunidade educativa do IES As Insuas de Muros. Outro dos centros que está en pé de guerra contra os recortes da LOMCE e en defensa do enisno público. Esta semana, alumnos, mestres e a ANPA o Minagral realizaban varios actos nos que demostraron o amor polo ensino público, cunha campaña que se chama “Abrazamos os centros educativos: son de tod@s”.

Primeiro foron os alumnos, dándolle as costas á LOMCE e ofrecéndolle unha agarismosa aperta ao centro muradán.

Tamén quixeron demostrar o seu amor polas aulas públicas os membros da ANPA O MInagral, pertecententes á CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos), na que se apoian continuamente nestes tempos de reivindicacións.

Pais e mestres de Muros abrazando o IES contra a LOMCE

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios