Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco


Non paran as Anpas da bisbarra de alzar á voz ante os recortes no ensino neste primeiro curso ca nova Lei LOMCE. Hoxe temos que ir ata Coristanco, onde a ANPA Xeremolos, do CPI Alcaalde Xosé Pichel, denuncia a supresión dunha das prazas de pedagogo terapéutico, así como a perda, durante a metade dos días, dunha das coidadoras.
Unha pedagoga menos
Para este curso escolar (2.014-2.015), Educación suprimíu unha das prazas de pedagogo terapéutico que o centro tiña asignada, algo que rexeitan dende o consello escolar, do claustro de profesores, e a ANPA. Xa teñen enviado sendos escritos a Inspección e Xefatura Territorial de Educación, solicitando asimesmo, unha entrevista co Xefe Provincial, sen que a día de hoxe se lles dese resposta alguna neste sentido.
Ante tal situación, a ANPA, ven desenvolvendo unha serie de medidas, entre elas a recollida de firmas, co fin de remitir as mesmas ante a Consellería de Educación. O apoio que están a recibir, “é abraiante”, aseguran, e xa contan con máis de 400 sinaturas, tras poñer unha mesa informativa no centro.
Dende o C.E.I.P. de Bormoio-Agualada e do C.R.A. Novo Mencer (o que pertencen as escolas unitarias de A Rabadeira, Xaviña, Feiranova, Oca e Valencia), todas elas, abscritas o C.I.P. Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, tamén están a recoller sinaturas, apoiando a reclamación. Tamén apoian a reclamación as 4 forzas políticas despois de levar o escrito ao Concello.
Unha coidadora, a tempo parcial
Ademais, da retirada de unidades de E.P. e infantil, a supresión de mais de 500 prazas de F.P., a supresión dos cheques de material, e o aumento da precariedade laboral, mais interinos e menos mestres por oposición… o centro coristanqués está vendo como unha das dúas coidadoras coas que contaba ata este curso teñen que compartir servizo con outro centro, pasando de estar toda a semana a só 3 días.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).