xoves. 14.11.2024
El tiempo

Catro praias da Costa da Morte suspenden na calidade das augas

Catro praias da Costa da Morte suspenden na calidade das augas
As augas de Lires pechadas ao bano As augas de Lires estiveron pechadas ao baño xa en 2015 por unha temporadiña A Axencia Europea de Medio Ambiente vén de publicar o seu informe anual sobre a calidade das augas de baño onde sinala que as praias de Lires, Estorde (ambas en Cee), Virxe do Camiño (en Muros) e Arnados (en Carballo) teñen unha unhas aguas de calidade insuficiente. No lado oposto están os 10 areais da Costa da Morte que izarán este verán a súa bandeira azul. O motivo polo o que é a calidade da auga nestas zonas é insuficiente débese á presenza de bacterias fecais, procedentes da agricultura, a gandeiría ou dunha deficiente rede de saneamento. Existen varios estudos que indican que bañarse en zona cunha alta presenza das bacterias do tipo Escherichia oli ou enterococo intestinal poden causar dixestivas e incluso respiratorias. Segundo se desprende deste informe, Galicia conta con 23 puntos negros - 10 menos que o ano pasado -. A estes datos que, a priori parecen positivos, hai que sumarlle as 18 zonas de baño que se eliminaron, como por exemplo, a praia de Santa Cruz en Oleiros.

Análise das zonas de baño concello a concello

  • Camariñas: As praias de Area Longa, Arou, O Lago, A Areíña Branca e Lobeiras teñen unha calidade da auga "excelente"; mentras que a de Lingunde é "suficiente" e a de O Ariño "boa".
  • Carballo: A clasificación sanitaria é "excelente" nas praias da Ría de Baldaio, Pedra do Sal e Saíñas, mentras que en Razo é "boa" e en Arnados "insuficiente".
  • Carnota: Todas as praias de Carnota (San Pedro, Porto Quilmas, Corna Becerra, Area Blanca, A Insuela, Caldebarcos, San Mamede (Boca do Río), Mar de Lira, Porto Cubelo, Ardeliro e Lariño) teñen unha calidade da auga "excelente" excepto a de San Pedro que é "boa".
  • Cee: Lires (pola piscifactoría e pola inoperancia da depuradora) e Estorde (pola falta de saneamento) teñen unha calidade da auga "insufiente" mentras que a de Gures é "excelente".
  • Corcubión: Tanto as aguas de Santa Isabel como as de Quenxe teñen unha calidad "boa".
  • Dumbría: A praia do Ézaro ten unhas augas de calidade "excelente".
  • Fisterra: Langosteira conta cunha auga de calidade "excelente" mentras que as de Corveiro e Ribeira son "boas".
  • Laxe: Todas os areias de Laxe (Laxe, Soesto, Arnado e Traba) contan cunhas augas de calidade "excelente".
  • Malpica: A auga da Praia Maior está catalogada como "boa".
  • Mazaricos: O río Beba-A Pontenova conta cunhas augas de calidade "boa".
  • Muros: Todas as praias de Muros conta cunhas auga de calidade "excelente"mentras que as de O Cabo, Parameán, Medrón-Uía son "boas". Suspende cunha calidade insufiente "A Virxe do Camiño".
  • Muxía: Os areais de O Lago, Espiñeirido, A Cruz e Lourido teñen unhas augas de calidade "excelente", mentras que é "boa" a de Area Maior e Nemiña.
  • Ponteceso: É unha agua "excelente" en todas as praias excepto a de Arnela que é "boa".
 

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios