Cee acolle un Foro para analizar o Camiño Fisterra-Muxía como motor dinamizador
Últimos días para inscribirse de balde no Foro sobre o Camiño de Santiago Fisterra-Muxía que artella El Correo Gallego. No seu ciclo de Foros, a Casa da Cultura de Cee acolle este venres 4 de decembro un deses espazos para o debate sobre un dos nosos tesouros, o Camiño.
Estarán grandes personalidades do Camiño, con autoridades que protagonizarán a inauguración e unha mesa redonda cos 7 alcaldes da zona por onde pasa o Camiño moderada por Humberto Creus.
A parte máis técnica será a mesa redonda sobre Camiño como motor dinamizador do territorio. Aí estarán Antón Pombo, da Asoc. Solpor, Julio Castro, o fisterrán director do Hospital dos Reis Católicos, Manuel Oreiro, de Viaxes Viloria, e Enríquez Pérez, do Hotel Insua.
Xa podes inscribirte xa no 981 706 506 ou en [email protected].
Novas relacionadas
Fonte
- El Correo Gallego.