Cee coñece as súas etapas do Camiño
O Departamento de Depotes do Concello de Cee abre este sábado 24 de xullo un par de andainas para que a veciñanza coñeza como é o Camiño de Santiago ao paso polo seu concello. No marco deste ano Xacobeo singular, e sen moitos peregrinos aínda atravesando a bisbarra, os veciñ@s convertiranse en peregrin@s para descubrir por que os que chegan ata aquí quedan abraiados coa nosa paisaxe.
A primeira saída será o treito San Pedro Mártir (Pereiriña) – Paseo marítimo Cee, tramo que ten como especial peculiaridade que é a primeira vez na que se divisa o mar, por iso a denominación de “Cee, primeira fiestra ao mar”.
A segunda saída, que será o 31 de xullo, fará o treito Lires – Padrís (Fisterra), tramo do camiño que parte da ponte de Vaosilveiro (límite co concello de Muxía) e conecta co Concello de Fisterra (lugar de Padrís).
As inscricións deberanse facer, antes do xoves da andaina na oficina do Servizo de Deportes do Concello de Cee (ubicada no 2º andar da Casa do Concello), no teléfono 981745100 (ext. no 9) ou ben no email [email protected].
Para a primeira andaina hai 15 inscrit@s así que apurade a reservar praza.