Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Cee non olvida a Casto Caamaño

Cee non olvida a Casto Caamaño
Luis Lamela Luis Bara e Braulio Amaro na homenaxe a Casto Caamano en Cee Luis Lamela, Luis Bará e Braulio Amaro na homenaxe a Casto Caamaño en Cee

Emotiva foi homenaxe que o BNG quixo render Casto Caamaño García, alcalde republicano de Cee represaliado polo franquismo en 1936. A cita tivo lugar o pasado sábado na máxica Praciña do Olvido de Cee, que como nos nos contou Alex Romero deberia irse chamando xa a Praciña da Memoria.

Un dos grandes protagonistas do acto foi Braulio Amaro, familiar do protagonista, que contou a historia do seu tío, lembrando como era a súa visión dende a infancia. Braulio, que herdou o activismo político e sociais do seu tío, contou como Casto foi represaliado, xulgado e condenado a 6 anos de inhabilitación e tamén a unha multa multimillonaria para esas épocas de 10.000 pesetas. Relatou a escapada da avoa coas súas 6 fillas e o fillo varón a Madrid e despois a Barcelona, para volver a Cee nos anos 40.

”Na nosa infancia escoitamos que Casto era un home moi moi bo”, contou Braulio, que destaca “a súa xenerosidade, e a súa actividade e compromiso político”.

Amaro recoñeceu o labor de historiadores como Luís Lamela e Segundo Araújo, afillado de Casto, a través dos cales podemos coñecer o papel de Casto en Galicia.

Todos recoñeceron a grave represión que sufríu Cee, onde foi fusilado tamén outro gran activista como foi o corcubionés Pepe Miñones.

Falou tamén Luís Bará, deputado nacionalista, que presentou o libro “Non des a esquecemento”, e pecharon o acto en clave de poesía Xaime Trillo e Suso Bahamonde.

Serxio Dominguez do BNG de Cee no acto de homenaxe a Casto Caamano en Cee Serxio Dominguez, voceiro do BNG de Cee tamén participou no acto

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-pracina-da-memoria/

comentarios