Cee, primeira fiestra ao mar no Camiño
Alá foi a primeira das dúas etapas polo Camiño de Santiago que o departamento de deportes de Cee preparou para que a veciñanza coñeza mellor a beleza do sendeiro xacobeo.
”Cee, primeira fiestra ao mar” representa ese momento máxico para os peregrinos que levan semanas andando polo interior da península e aló enriba, en San Pedro Mártir, vén por primeira vez o mar.
Foron 2 grupos de 10 persoas os que disfrutar dos 7km da etapa, que acabou no Paseo Marítimo Alcalde Pepe Sánchez, parando en lugares como a Capela e Fonte de San Pedro Mártir (no inicio), Cruceiro da Armada, 1ª vista do mar, Praciña do Olvido, Cruceiro da Igrexa da Xunqueira de Cee, Rúa Domingo Antonio de Andrade, Avda. Fernando Blanco, Avenida Fisterra e Paseo do Alcalde Pepe Sánchez á altura co Complexo Deportivo da Piscina Municipal de Cee (chegada).
Os camiñantes en San Pedro Mártir e na Praza do Olvido. Fotos de Rafa Quintáns
Presentación literaria
Este xoves na Casa da Cultura Aranxta Portabales presentará a súa nova novela. Participarán, ademáis da autora, a escritora Concha Blanco, a alcaldesa Margarita Lamela e Isabel Ares de Ler Librerías.