Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos

Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos
Así estivo o pleno de Cee con presencia de membros e simpatizantes da Mesa pola Normalización Lingüística Así estivo o pleno de Cee con presencia de membros e simpatizantes da Mesa pola Normalización Lingüística Deberían ter aprobada todos os concellos de Galicia unha ordenanza de normalización lingüística que reafirme o galego como lingua oficial do concello. E máis se ese concello tivo unha alcaldesa responsable de Normalización da Deputación da Coruña durante un tempo. Son moitos os concellos que xa a teñen a aprobada, pero non así Cee, que volveu deixar escapar unha oportunidade. O PSOE, tras escoitar ao colectivo Galicia Bilingüe que amenazou con recurrila, e considerando que a ordenanza tiña varios erros, votou en contra da súa aprobación, despois de facer Modesto Rivas un longo discurso con moitas claves asinadas polo colectivo de Gloria Lago. Un discurso que convenceu aos grupos do PP e de Ciudadanos. Entre os 3 grupos solicitaron un informe xurídico polo que a ordenanza non foi aprobada, e será debatida no vindeiro pleno.

Críticas da Mesa pola Normalización Lingüística

Considera A Mesa un asunto grave pois o PSOE e o PP desatendía así a sinatura, neste pasado mes de xullo, da Declaración de Unidade a prol da Normalización da Lingua Galega promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, por parte das forzas políticas galegas (PP, PSdG-PSOE, Anova, BNG, EU, CG, TEGA, Podemos, PG, AV, CxG e Cerna). A propia Mesa de Normalización enviou información a todos os grupos durante a tarde de onte. Pero tras recibir a negativa da edil socialista, a Mesa anuncia que solicitará ao PSdG-PSOE a desautorización do seu grupo municipal en Cee. Consideran a negativa a apoiar o regulamento para o impulso social da lingua galega de Cee que declara oficial o galego no concello unha actitude “incomprensíbel e vergoñenta”. Segundo indicou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “todos os estudos realizados indican a gravidade da situación da lingua galega, tamén no concello de Cee, reflexo dunha realidade na que mesmo a posibilidade de uso e de facer unha vida normal en galego está moi limitada incluíndo a administración local”. Para a Mesa, “esta é a situación que hai que reverter para garantir que a lingua galega sexa realmente oficial a todos os efectos, non só sobre o papel, e por tanto audíbel e visíbel en todo canto dependa do concello ceense”. Neste caso, indicou, “nin sequera se poden acoller ao falso argumento da exclusión do castelán xa que o artigo 1 do regulamento, no seu segundo punto, di: “o galego será lingua oficial no concello de Cee, como tamén o castelán, lingua oficial en todo o Estado”. Pola súa parte, o responsble da Mesa na Costa da Morte, Alex López, preguntouse “a quen pode ofender que o galego teña unha presenza real e efectiva na vida dun concello da Costa Morte? “O que era un atraso é que en pleno 2015 non existise no concello de Cee unha norma que amparase o dereito das e dos ceenses a utilizaren o galego”, e reclamou “máis pasos para normalizar plenamente o uso do galego en Cee en toda a Costa da Morte, para que falar e vivir en galego en Cee, hoxe, deixe de ser un problema”. “Se algo hai que desterrar da Costa da Morte e de Cee, non é o galego, é o odio a todo canto nos é propio”.   Fonte  

Comentarios