Martes. 30.11.2021
El tiempo

Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas

Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas
“Sen un corazón non ama, non é un bo corazón. E se unha persona non é solidaria non é unha boa persoa”. Así se presentaba a impresionante a gala humorística que pasou por Cee este xoves 16 de decembro de 2010. Un fito histórico e único que nunca vivirá a Costa da Morte, un luxo. O 1º Festival Internacional de Pallasos en Rebeldía Festiclown Palestina 2010-2011, organizado pola ONG Pallasos en rebeldía, fixo parada solidaria en Cee da man do activo Mohamed Safa, sempre atento a calquera acción reivindicativa sobre o pobo palestino. E resultado un acto espectacular, moi ameno e divertido, no que todos os grupos teatreiros e musiqueiros fixeron as delicias dos preto de 200 asistentes que encheron o salón de actos do Concello. Pena que non estivera xa rematada a Casa da Cultura porque houbo xente que quedou fóra.

Case 1.000 euros de solidariedade

Foron así máis de 900 euros os que o pobo costeiro entregou á ONG Pallasos en rebeldía, para que sigan desenvolvendo os seus proxectos nas terras máxicas de oriente. Proxectos encamiñados a vindeira expedición aló por primavera coa intención de montar un Festiclown en Palestina. Feito complicado tal e como están as cousas, malia a continúa cooperación que manteñen con cómicos palestinos. Iso si, teñen claro cal é o único obxectivo: “sacar un sorriso a un pobo oprimido”. O propio Safa, así e todo, teno claro, e asegura que “o único sorriso verdadeiro é o sorriso do pobo libre”.

Unha gala de luxo

I é que todos estiveron impresionantes. Que se pode dicir de Xosé Touriñán, xa todo un referente no humor do país co seu protagonismo en programas como Luar, Padre Casares ou Land Rover. El foi o presentador, e comezou amosando unha batería de imaxes do traballo da entidade en Palestina. Terriblemente simpático estivo Ricardito, o sobriño de Coviñas en Para Mariñeiros nós, do grupo Os 7 magníficos + 1, facendo de Sancho e don Quijote. Tamén estiveron Trasno, Mentalini e o mago Dani García. Os ceenses de Talía Teatro, que estes días presentan novo espectáculo, tamén puxeron o seu gran solidario. E pechou Suso Bello coa súa dinamización músical diante de A Compañía do Ruido.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios