Cee xa está nun Nadal de teatro e maxia
A Concellería de Cultura do Concello de Cee vén de elaborar para estas festas de nadal un completo programa de actividades no que, loxicamente, os nenos e nenas de Cee e tamén da comarca van a ser os auténticos protagonistas. Para eles e para as súas familias van dirixidos especialmente dous apartados desta programación: teatro familiar e maxia.
Arrincamos con cantigas
Por un lado o programa de teatro familiar que acolle as actuacións de títeres, música e teatro que comezaba o pasado venres co concerto de “Cantigas de Estrela” a cargo de Magín Blanco, actividade da Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do programa FalaRedes no Nadal. Emocionante foi este concerto de música infantil, destinado aos máis pequenos da casa e as súas familias. O espectáculo constaba de dúas panxoliñas que, mesturándose con temas do novo disco de Magín Blanco, Catuxo, e dos anteriores dirixidos a público infantil do autor, ofreceron un repertorio intimista á par que alegre. A actuación foi unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo.
Un Nadal cheo de maxia
Por outra parte está o Nadal Máxico, que durante 5 días encherá o salón de actos do concello de Cee de magníficos espectáculos nos que a ilusión será a gran protagonista. O programa deste ano é moi atractivo e formado por fuiguras de primeiro nivel con recoñecemento en Galicia e en España, como é o caso de Luis Boyano ou David Vega, este último protagonista o día 30 co seu espectáculo de pompas de xabón.
Os prezos para estes espectáculos, tanto de teatro como de maxia son moi populares: 2.5 € para os nenos e 3.5 € para os adultos. Con todo, e para que o prezo non sexa un impedimento, o departamento de cultura ofrece como novidade un programa de descontos para que as familias podan comprar 2 entradas por 2 € ou 3 por 6 €, esto é cun desconto como mínimo do 33 %.
Máis citas
Unha terceira parte do programa está pensada para toda a poboación e nela inclúense as exhibicións de patinaxe artística e zumba ou a gala solidaria a favor de Cáritas protagonizada o día 20 polos alumnos da escola de baile flamenco Sandra Marmolejo.
Saben que ademais estará aberto durante o Nadal o Rastro Solidario do IES Agra Raíces.
Tamén serán protagonistas os alumnos da nosa Escola de Música, que antes do seu traslado ás novas instalacións da Casa de Cultura, ofrecerán o seu tradicional concerto de Nadal o venres 19 de decembro.
Para rematar salientar dúas citas moi especiais que terán os nenos:
- O domingo 21, nas diferentes parroquias teremos unha sesión de contacontos que terá como remate especial a Visita, ós máis pequenos, de Papá Nöel.
- O luns 5 de xaneiro, a partir das 17.30 h. terá lugar a Visita das Súas Maxestades, os Reis Magos, que serán recibidos no concello para despois saudar desde o balcón a todos os ceenses e veciños dos concellos próximos que acuden todos os anos a Cee para ver de preto ás Súas Maxestades. Este ano preparan unha comitiva de acompañamento con asociacións e grupos culturais do concello (Terra de Sena, Fumes do Cal, Pedras Miúdas e Petaforte), que sen dúbida contribuirá a un maior realce e vistosidade.
Novas do Apalpador
Novas do Nadal
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
- Vimianzo arma un completo Nadal solidario.
- O Apalpador será o gran protagonista do Nadal carballés.
- A Gala Solidaria e o Apalpador unirá a todo Corcubión.
- Muxía arma un Nadal moi artística.
- Vimianzo prepara un Nadal festivo e solidario.
- Muros vócalse co Mercadiño Solidario para arrincar o Nadal.
- Carballo quere mellorar os índices de reciclaxe por Nadal.